Villafranca del Bierzo

obierzo

información sobre O Bierzo

OS PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS N´O BIERZO

12/11/2008

Imagen

 

 

 

 

 

OS PREXUÍZOS LINGÜÍSTICOS NA REXIÓN BERCIANA,

Por Xabier Lago Mestre, Pte. de Fala Ceibe do Bierzo.

O convivencia interlingüística na rexión d´O Bierzo non sempre se analiza coa obxectividade que precisamos. Velaí a necesidade de analizar esta cuestión idiomática baixo distintos puntos de vista, de cara a termos máis datos que nos axuden a resolver esta problemática actual. A seguir  veremos os que consideramos prexuízos lingüísticos, algún tan asimilados socialmente aínda, para desmontar a súa débil argumentación.

AS CUESTIÓIS HISTÓRICAS.

Os que descoñecen o noso pasado histórico propagan que a lingua galega chegou a O Bierzo da man dos inmigrantes naturais da Galiza ao longo dos séculos. Dende logo que se asentaron moitos galegos nesta rexión, recordemos que por eiquí pasaron milleiros de emigrantes temporais que ían á sega a Castela e León. Outros viñeron a traballar nas obras públicas (encoros, centrais térmicas, estradas, ferrocarrís…), mineiría e demais durante o período do desenvolvemento capitalista da rexión, no século XX.

Sen embargo, a lingua galega n´O Bierzo pervive dende moito atrás. Grazas á documentación monástica sabemos que no Medievo xa falabamos este idioma. Nos mosteiros de Carracedo, Vilafranca e Espiñareda teñen abundante documentación en galego. Poderase discutir se ese idioma escrito é soamente galego ou está mesturado de ástur-leonés ou con castelanismos, pero o certo é que os historiadores e mailos filólogos o recoñecen como idioma galego.

AS CUESTIÓIS FILOLÓXICAS.

Os estudos filóloxicos insisten en que as bercianas e os bercianos falamos o idioma galego. Por suposto que hai diferenzas dialectais entre o galego falado na Mariña luguesa, A Moaña, A Limia ourensá e O Bierzo. Pero a pesar das diferenzas dialectais hai un uniformismo entre todas estas comarcas que permite falar dun mesmo idioma galego. Porque no propio Bierzo hai diferenzas dialectais entre o galego falado no occidente/oriente rexional, ou nos diferentes vales (Selmo, Valcarce, Burbia, Ancares ou Fornela), a nivel do vocabulario por exemplo. En fin, estas diferenzas dialectais non diminúen nin cuestionan a importancia filolóxica do galego n´O Bierzo.

Outro tipo de prexuízos xorden cando se trata de identificar terminolóxicamente o galego d´O Bierzo. Así atopamos dialecto galego-leonés, dialecto galego-berciano, falas galego-leonesas… que parecen ocultar que existe unha lingua galega na nosa rexión. Máis grave é aínda a defensa que os menos fan do chamado dialecto berciano, o cal ningún filólogo apoia porque non existe nun territorio con tres idiomas, a saber, castelán, galego e ástur-leonés. O dialecto berciano nace pola defensa da identidade lingüística rexional e da ignorancia sobre a concurrencia trilingüe.

Critícase aos filólogos que non son capaces de establecer os lindeiros claros entre as linguas da rexión berciana. Dende logo que os filólogos fan o que poden por determinar eses límites a través das chamadas isoglosas pero non resulta fácil pola dificultade de atopar datos históricos e filolóxicos, ademais da escaseza de financiación pública para a realización dos necesarios estudos. Isto aprovéitase para alegar que as tres linguas d´O Bierzo están tan mesturadas que non se poden nin fixar os seus respectivos territorios.

AS CUESTIÓIS SOCIOLINGÜÍSTICAS.

O idioma galego d´O Bierzo aséntase no occidente rexional, que na zona máis periférica padece a forte despoboación. Por suposto mantén máis vitalidade nos eidos rural, agro-gandeiro, montañoso, sendo falado polos máis vedraños, no seos familiar veciñal, das nosas aldeas, pobos e vilas. Pola contra, nos ámbitos económicos máis desenvolvidos, urbano, comercial, administrativos, lecer e demais prima o idioma castelán. Todo isto provoca situacióis de desigualdade lingüística para os galego-falantes que se traduce no fondo nas conseguintes discriminacióis.

A falta de consideración lingüística para cos galego-falantes dende séculos, fronte aos castelán-falantes, provoca a escasa conciencia lingüística da minoría etnocultural. Entre os galego-falantes xorde a identificación co chapurreao, un exemplo máis do autonoxo, do desprestixio que posúe a lingua que falan, prexuízos todos da nosa minoría. Unamos a isto que os falantes bercianos, a pesar da veciñanza cos falantes da Galiza, están afastados deles polos lindeiros político-administrativos, a nivel provincial e autonómico. Hai pois unha “fronteira mental” para os falantes bercianos que empece asumir con racionalidade a unidade sociolingüística galega do noroeste peninsular.

A problemática sociolingüística n´O Bierzo agrávase pola participación activa dos neofalantes que desexan recuperar o idioma galego a través dos procesos de normalización idiomática.  A racha xeracional entre os vedraños e a mocidade é unha realidade. Os primeiros desconfían do que consideran o galego novo e urbano, o normativizado, e defenden o dialectal e rural. Os neofalantes queremos un galego común a todo o noroeste peninsular, e cercano ao portugués-brasileiro incluso. Hai unha clara pretensión por normalizar o galego, recuperando eidos sociolingüísticos (administración, medios de comunicación, novas tecnoloxías…), e acadando o recoñecemento de dereitos lingüísticos plenos, os memos que teñen os falantes da Comunidade Autónoma de Galiza.

AS CUESTIÓIS POLÍTICO-IDEOLÓXICAS.

Dende logo que a recuperación e normalización lingüística do galego n´O Bierzo ten relación coa política, coa intervención política, porque precisa dunha lexislación e dunha actuación administrativas a  prol do noso idioma minorizado. Cómpre ter presente que a discriminación das linguas autonómicas contou durante séculos co apoio dunha lexislación que só favoreceu ao castelán. Lexislación antigalega que vai trocando pero que continúa asumida como tal na mentalidade colectiva de moitas persoas, retricentes aos avanzos normalizadores actuais das linguas minorizadas.

A isto unimos que o rexionalismo castelán (político, cultural…), declarado ou non como tal, aínda ve con malos ollos calquera normalización da nosa lingua galega. Así non se conceden dereitos lingüísticos aos galego-falantes d´O Bierzo dende as Cortes de Castela e León. Nada importa que os falantes da Galiza teñan dereitos lingüísticos, mentres que os bercianos, falantes da mesma lingua, non gocen de dereitos lingüísticos, por suposto, isto non é desigualdade, nin supón discriminación ningunha. Logo está o leonesismo que admite a duras penas, ou sinxelamente nega a existencia do galego na rexión berciana, porque a presenza deste idioma cuestiona a unidade política e cultural do seu territorio, o País Leonés.

Tamén está o tema da cooficialidade do galego d´O Bierzo, tan cuestionado na rexión e admitido na veciña Galiza. A declaración da cooficialidade traería consigo a concesión de dereitos lingüísticos aos galego-falantes, polo momento todo son negativas a algo que algún día haberá que asumir políticamente con total naturalidade. O dereito lingüístico internacional non vai permitir que o dereito autonómico conculque os dereitos lingüísticos dos galego-bercianos.

AS CUESTIOIS ADMINISTRATIVO-INSTITUCIONAIS.

Deixamos este apartado para falar dese lindeiro interautonómico entre Castela-León e Galiza que tanta influencia teñen na mentalidade colectiva dos bercianos. Ese lindeiro obriga a asumir, legal e mentalmente, a “fronteira cultural e lingüística”, de xeito negativo, determinando que o galego se fale só en Galiza e o castelán en Castela-León. De nada vale saber que n´O Bierzo falamos galego na parte occidental. O dito prexuízo fronteirizo e monolingüe nos impide valorar nos seus xustos termos o bilingüismo rexional berciano. E o mesmo acontece cos lindeiros provinciais, se O Bierzo pertence á provincia de León, non se pode admitir que se fale galego, isto queda para as provincias galegas. Os lindeiros administrativos marcan a súa lei, separando aos falantes dunha mesma lingua galega, evitando as complicacióis dos confusos lindeiros culturais e lingüísticos, que só crean problemas entre as comunidades autónomas veciñas. A realidade é que a lingua galega sobarda o actual lindeiro provincial e autonómico e que así seguirá se os falantes bercianos así o queremos.

O Bierzo, novembro de 2008.

www.obierzoceibe.blogspot.com

 

http://villafrancadelbierzo.cuadernosciudadanos.net/obierzo/2008/11/12/os-prexuizos-linguisticos-nao-bierzo/
3 Comentarios - Enviar comentario

O BIERZO BILINGÜE, CASTELA-LEON MONOLINGÜE, A DIFERENCIA

30/10/2008

Imagen

 

 

 

 

 Partes da casa galego-berciana


Planta baixa - planta baja

 

Primeira planta - primera planta

 

Tellado - Tejado

 

Porta - Puerta

 

Escaleiras - Escaleras

 

Fachada - Fachada

 

Cama - cama

 

Armario - armario

Cheminea - Chimenea

 

Váter - Water

 

Bañeira - bañera

 

Cadeira - silla

 

Alfombra - alfonbra

 

Sofá - Sofá

www.obierzoceibe.blogspot.com

 

Verbo galego poñer.-

 

Eu poño - Yo pongo

 

Ti pos - Tú pones

 

El / ela pon - Él / ella pone

Nós poñemos - nosotros ponemos

 

Vós ponedes - vosotros ponéis

 

Eles / elas poñen - ellos / ellas ponen

http://villafrancadelbierzo.cuadernosciudadanos.net/obierzo/2008/10/30/o-bierzo-bilingue-castela-leon-monolingu/
0 Comentarios - Enviar comentario

O GALEGO DO BIERZO VALE PARA TODOS

28/10/2008

Imagen

 

 

 

 

OS PLURAIS NA LINGUA GALEGA DO BIERZO.

Unha das posibles dúbidas con que nos podemos atopar na fala e na escrita é tocante o número dos nomes: o singular e o plural das palabras. E dicir cando nos referimos a un só ser (singular) ou a máis de un (plural). Todo plural queda reducido ós seguintes casos. Témolo moi resumido a continuación:



* Engaden ó singular: -s, -is, -es, segundo os seguintes casos:



a) á (vogal) + s = casa + s = casas; exame + s = exames; rei + s = reis; lei + s = leis; mariñeiro + s = mariñeiros; canguro + s = canguros.

b) ó "N" + s; irmán + s = irmáns; colchón + s = colchóns; atún + s = atúns.

c) Perden o "L" = is; Sempre en palabras agudas: semana (l) + is = semanais; carave (l) + is = caraveis; azu (l) + is = azuis; cadri (l) + s = cadrís; pape(l) + is = papeis.
d) Conservan o "L" + es: Cando non son agudas ou son monosílabas: fértil + es = fértiles; pel + es = peles; val + es = vales; mel + es = meles; ril + es = riles.

e) Se rematan en calquera outra consoante: "R", ou "Z", ou "M" ou "S", mantéñena, + "ES", ó singular: xantar + es = xantares; flor + es = flores; rapaz + es = rapaces; noz + es = noces; marqués + es = marqueses.
EXERCICIO



As seguintes palabras saíron nesta lección. Un bo exercicio é repasalas:
1- casas, exames. 2- reis, leis. 3- mariñeiros, canguros. 4- irmáns, colchóns, riles 5- atúns, israelís, pés. 6- semanais, caraveis, azuis, verderolos, cadrís, papeis. 7- fértiles, animais, peles, vales, meles. 8- xantares, flores, rapaces, noces, marqueses. 9- luns, norte, lecer. 10- miolo. 11- nupcias, cirolas, exequias. 12- cóxegas, miolos.



Reparade nestes plurais: 13- farois, útiles. 14- tules. 15- pinceis, mares. 16- álbumes (1), actrices. 17- funís, cadrís. 18- catedrais. 19- calores. 20- garda civís, fósiles. 21- carteis, especiais

www.obierzoceibe.blogspot.com
1- As ... reciben ... periódicos da sanidade, así coma as cetarias, onde hai centolas e lumbrigantes.

2- Os ... tamén observan as ... e non toman nécoras nin percebes en veda.

3- Os ... viron moitos ... en Australia; viñeron cargados de c, gambas e lagostinos.

4- Os meus ... dormen nuns ... moi duros e non aguantan dos .... , despois festéxano con croques e ameixas.

5- Mercamos ... ós ... que estaban no porto cos ... descalzos; vendían tamén caixas de camaróns.

6- Nas feiras ... venden .../... Ó meu avó dóenlle os ... cando revolve os seus ...
7- As terras ... alimentan ós ... Dan boas ... nos seus ... Abundan nestes todo tipo de ...

8- Aqueles grandes ... coas mesas cheas de ... e de ... que comían as ... dos ...

9- Os ..., meus pais ían de vacacións cara o ... porque tiñan moito ... aproveitaban para saborear as navallas e longueiróns.

10- O ... do pan engorda tanto coma a codia. Non se debe abusar tampouco do marisco.

11- Cando o invitaban ás ... sempre lle caían as ... ; nas ... pasáballe o mesmo.

12- Fixéronlle moitas ..., nisto caeu e saíanlle os ... da cabeza.

13- Antes había ... nas rúas, eran moi ... sobre todo de noite.

14- As princesas e as que non o son visten con ...

15- Pintaron cos ... máis finos os ... de azul. Tamén pintaron vieiras, chirlas e caramuxos.

16- Naqueles ... había moitas fotos das ...

17- Usamos os ... para verter líquidos nas botellas. Dóennos os ... ó facelo.
18- Galicia ten ... fermosas, entre outras cousas.

19- As ... da primavera non che son nada boas. As de verán tampouco, ás veces.

20- Os ... coidaban os ... topados nas escavacións.

21- Aqueles ... facían propaganda nas festas ... da vila

http://villafrancadelbierzo.cuadernosciudadanos.net/obierzo/2008/10/28/o-galego-do-bierzo-vale-para-todos-/
1 Comentario - Enviar comentario

O GALEGO DO BIERZO PARA TODA CASTELA-LEON

27/10/2008

Imagen

 

 

 

os posesivos.-

 

 

SINGULAR

PLURAL

 

Masculino

Femenino

Masculino

Femenino

Eu

Meu / Mío

Miña / Mía

Meus / Míos

Miñas / Mías

Ti

Teu / Tuyo

Túa / Tuya

Teus / Tuyos

Túas / Tuyas

El / ela

Seu / Suyo

Súa / Suya

Seus / Suyos

Súas / Suyas

Nós

Noso / Nuestro

Nosa / Nuestra

Nosos / Nuestros

Nosas / Nuestras

Vós

Voso / Vuestro

Vosa / Vuestra

Vosos / Vuestros

Vosas / Vuestras

Eles / elas

Seu / Suyo

Súa / Suya

Seus / Suyos

Súas / Suyas

Contraccións do artigo determinado.-

 

 

UN

UNHA

UNS

UNHAS

De

Dun

Dunha

Duns

Dunas

en

Nun

Nunha

Nuns

Nunhas

con

Cun

Cunha

Cuns

cunhas

Dicir - Decir:

 

Eu digo - Yo digo

 

Ti dis - Tú dices

 

El / ela dice - él / ella dice

 

Nós dicimos - nosotros decimos

 

Vós dicides - vosotros decís

 

Eles / elas din - Ellos / ellas dicen

www.obierzoceibe.blogspot.com

Días da semana.-

 

Luns - Lunes

 

Martes - Martes

 

Mércoles - Miércoles

 

Xoves - Jueves

 

Venres - Viernes

 

Sábado - Sábado

 

Domingo - Domingo

http://villafrancadelbierzo.cuadernosciudadanos.net/obierzo/2008/10/27/o-galego-do-bierzo-para-toda-castela-leo/
1 Comentario - Enviar comentario

O BIERZO ENSINA GALEGO A CASTELA-LEON

24/10/2008

Imagen

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3. Profesiones

Preguntas.-

 

¿A que te dedicas? / ¿Que fas? - ¿A qué te dedicas? / ¿Qué haces?

 

¿Cal é o teu traballo? - ¿Cuál es tu trabajo?

 

Profesiones.-

 

Mariñeiro - Marinero

 

Empresario - Empresario

 

Obreiro - Obrero

 

Profesor - Profesor

 

Actriz - Actriz

Estudante - Estudiante

 

Doutora - Doctora

 

Dependenta - Dependienta

 

Lugares de trabajo.-

 

Librería - Librería

 

Froitería - Frutería

 

Perruquería - Peluquería

 

Xoiería - Joyería

 

Hospital - Hospital

 

Tenda de roupa - Tienda de ropa

 

Axencia de viaxes - Agencia de viajes

www.obierzoceibe.blogspot.com

Farmacia - Farmacia

 

Enfermería - Enfermería

 

Escola - Escuela

 

Gasolineira - Gasolinera

 

Aeroporto - Aeropuerto

 

Ximnasio - Gimnasio

 

Granxa - Granja

http://villafrancadelbierzo.cuadernosciudadanos.net/obierzo/2008/10/24/o-bierzo-ensina-galego-a-castela-leon/
1 Comentario - Enviar comentario

O BIERZO ENSINA GALEGO A TODAS E TODOS

22/10/2008

Imagen

 

 

 

 

 

TRADUCIÓNS DO GALEGO AO CASTELÁN:

NAS VILAS DE CASTELA SÓ COMEN GARAVANZOS COA DEBIDA CONDIMENTACIÓN
en las villas de Castilla sólo comén garbanzos con la debida condimentación
HAI UN REFRÁN QUE DI: DA TERRA O CARNEIRO E DO MARO MERO
hay un refrán que dice: de la tierra el carnero y del mar el mero.
ADESTRABAN PARA SE-LOS MELLORES:
entrenaban para ser los mejores.
AO PROFESOR OS ALUNOS PARÉCENLLE ANACOS DE CARNE CON OLLOS
Al profesor los alumnos le parecen cachos de carne con ojos.
CONSEGUÍN SAÍR DA DROGA COA AXUDA DOS MEUS AMIGOS
Conseguí salir de la droga con la ayuda de mis amigos.
NON PODO ESQUECE-LOS GOLES DA DEPORTIVA
No puedo olvidar los goles de la deportiva.
DUN ENFERMO NON SE PODE ESPERA-LA MESMA ALEGRÍA QUE DUNHA PERSOA SA.
de un enfermo no se puede esperar la misma alegría que de una persona sana
A MIÑA NAI COSE A FALDRA/SAIA CO FÍO QUE MERCOU NA FEIRA
mi madre cose la falda con el hilo que compró en la feria

PARTES DO CORPO EN GALEGO.

TESTA-frente en castellano
LAGARTO DO BRAZO-Bípeps
BEIZOS-Labios
CRANIO-cráneo
MEIXELAS-mejillas
FAZULAS-mejillas
ENXIVAS-encías
XENXIVAS-encías
PÁLPEBRAS-párpados
CELLA-ceja
CELLO-entrecejo
COLO OU PESCOZO-Cuello
GORXA-garganta.
www.obierzoceibe.blogspot.com

http://villafrancadelbierzo.cuadernosciudadanos.net/obierzo/2008/10/22/o-bierzo-ensina-galego-a-todas-e-todos/
1 Comentario - Enviar comentario

CARRACEDELO DO BIERZO CO IDIOMA GALEGO

22/10/2008

Imagen

 

 

 

 

 

UTILIZACIÓN DOS MASCULINOS E FEMININOS GALEGOS.

- Podemos utilizar o artigo masculino: o. Exemplo: O berce, O cal etc.:
MASCULINOS:
1- berce. 2- cal, costume. 3- cume, sinal. 4- celme, sal. 5- miolo. 6- cuspe, fel, leite, mel. 7- sangue, nariz, sorriso. 8- paxe, traxe, ubre. 9- riso, a, b, c. 10- til. 11- couce, dote. 12- lume. 13- traballo, mar.

- Podemos utilizar o artigo feminino: a. Exemplo: A análise, A orixe etc.:
FEMININO:
14- análise, pel, dor. 15- orixe, fouce. 16- calor, árbores, cor. 17- viaxe, marxe, aldraxe, friaxe, romaxe. 18- orde, pasaxe, paisaxe, ponte. 19- carraxe, homenaxe. 20- meninxite. 21- metrópole, crise. 22- epiderme, parálise. 23- neurose, hipótese. 24- diabete, glote. 25- eclipse, paréntese.
26- moblaxe.

EXERCICIO
É tan doado que só tedes que encher os ocos pola mesma orde que están máis arriba. Exemplo: 1- berce. Tede logo en conta que o artigo é un indicador do xénero nos ocos.

Masculinos:

1- O neno chora no .... se o deixan só, mentres súa nai merca comida para xantar.
2- O .... é branco. Temos o .... de calear a casa. Na horta plantamos cebolas e allos.
3- Fomos ata o .... da montaña. Aquí topamos o .... e collemos moitos cogomelos.
4- Na miña vila hai unha pastelería que se chama o .... Os seus doces teñen pouco .... Ás veces venden pementos de Padrón.
5- O .... da cuestión é como a cerna de algo, é coma o máis íntimo, o de dentro. Nisto lembro os chícharos e os feixóns.
6- O .... , o ....., o .... e o .... pódense analizar no laboratorio, tamén polas súas vitaminas, as remolachas e cenorias.

7- Botaba moito .... polo .... O seu .... era triste; recomendáronlle moitos tomates e alcachofas para a saúde.
8- Un .... dos reis lixou o .... ó ollar o .... da vaca; a estas dábanlle repolos e coles.
9- Xoán botou un .... cando o mestre lle dixo que o ...., o .... e o .... son as tres primeiras letras do abecedario.
10- Temos que poñer o .... a todas as esdrúxulas, por exemplo á palabra gramática.
11- Sentoulle coma un .... ó ver o .... que lle deran. O mellor, unha leira que producía moitas balocas.
12- Botaba o .... polos ollos e máis pola boca; fixérono chorar as cebolas e mais os allos.
13- O seu .... está sempre no .... ; aínda que lle gustan moito as verduras máis cós peixes.

Femininos:

14- Fixéronlle a .... da .... sen ningunha ....
15- Non sabemos cal é a .... da .... nin das cabazas.
16- Coa .... as .... mudaran a súa .... e murcharon as escarolas.
17- Naquela .... aínda estando a .... de todo, recibiu unha .... dos que ían con aquela .... a .... de San Andrés de Teixido.
18- Cando recibiu a .... para pagar a .... , aproveitou para fitar a .... desde a .... vella.
19- O personaxe invitado tiña moita .... pois non lle agradou a .... tan desorganizada.
20- Cando descansaba no oasis deulle un ataque de ....
21- A .... non acaba de saír da .... económica.
22- Por unha infección na .... veulle unha .... moi rara.
23- De xogares ó tenis pasarache a ...., valla a ....
24- A .... nótaseche na cute e non na ....
25- A ... ficou coma se fose unha ....
26- Os chasis estaban gardados coa .... no garaxe.

WWW.OBIERZOCEIBE.BLOGSPOT.COM 

 

http://villafrancadelbierzo.cuadernosciudadanos.net/obierzo/2008/10/22/carracedelo-do-bierzo-co-idioma-galego/
1 Comentario - Enviar comentario

BERCIANO, GALEGUIZA O TEU NOME.

21/10/2008

Imagen

 

 

 

 

VOCABULARIO DE ANIMAIS EN GALEGO.

CAN E CADELA perro e perra
RA rana
RAPOSO zorro
PORCO, COCHO, MARRÁN cerdo
XABARÍL E PORCO BRAVO jabalí
TOUPA topo
ESQUÍO ardilla
TENREIRO, CUXO, XATO ternero
EGUA, BESTA yegua
CROCODILO cocodrilo
DOMICELA, DONIÑA comadreja
LONTRA, LONDRA, nutria
OVELLA oveja
BOI buey
TARTARUGA tortuga
OURIZO erizo
XIRAFA jirafa

www.obierzoceibe.blogspot.com

DIFERENCIAS ENTRE PALABRAS SEMELLANTES.

BAFOR é igual a MOFO
VALOR é igual a AFOUTEZA ou calidade dos valentes.
ANO é igual a 365 días
AÑO como cría da ovella ou cordeiro
NIÑO casa dos paxaros
NENO como cría do home
RECORRER en castelán recurrir a sentenza
PERCORRER facer un camiño, unha distancia
SECRETO funciona só como adxectivo (policía secreta)
SEGREDO funciona como substantivo (teño un segredo)
SIRENA, instrumento acústico
SEREA, ser mitolóxico
O FIN, finalidade obxectivo, o fin será aprobar.
A FIN, remate dunha cousa, esta fin de semana.
TESTEMUÑA, persoa que testifica
TESTEMUÑO, declaración da testemuña
FALDRA OU SAIA,
FALDRA ladeira de montaña
FALDRA OU FALDA carne dunha res.
www.obierzoceibe.blogspot.com

http://villafrancadelbierzo.cuadernosciudadanos.net/obierzo/2008/10/21/berciano-galeguiza-o-teu-nome-/
3 Comentarios - Enviar comentario

O BIERZO OFRECE MÁIS GALEGO PARA OS INCULTOS

20/10/2008

Imagen

 

 

 

 

 

FORMACIÓN DE PLURAIS DE PALABRAS GALEGAS.

xentil-xentís
pai-pais (padres en castelán
caixón-caixóns (cajones)
Garda Civl-Garda civís
compás-compases
raíña-raíñas (reinas
can-cans (perros)
xudeu-xudeos (judíos
xardin-xardíns
lapis-os lapis (lápices)
home-homes
doutor-doutores (doctores)
calor-calores
redactor-xefe--redactores-xefes
val-vales (valles)
aval-avais (avales financieros

www.obierzoceibe.blogspot.com

TEMPOS VERBAIS EN GALEGO.
PRESENTE DE INDICATIVO DO VERBO DURMIR (DORMIR)
eu durmo (yo duermo)
ti dormes
el dorme
nós dormimos
vós dormides
eles dormen

PRESENTE DE SUBXUNTIVO DO VERBO PEDIR:
eu pida (yo pida)
ti pidas
el pida
nós pidamos
vós pidades
eles pidan

http://villafrancadelbierzo.cuadernosciudadanos.net/obierzo/2008/10/20/o-bierzo-ofrece-mais-galego-para-os-incu/
2 Comentarios - Enviar comentario

OS BERCIANOS GALEGUIZANDO O NOSO

16/10/2008

Imagen

 

 

 

 

 

TEMPO PRESENTE DE SUBXUNTIVO DO VERBO GALEGO VER:
eu vexa (yo vea en castelán)
ti vexas
el/ela vexa
nós vexamos (nosotros veamos)
vós vexades
eles/elas vexan

PRESENTE DE SUBXUNTIVO DO VERBO TRAER:
eu traia (yo traiga en castellano)
ti traias
el traia (el traiga)
nós traiamos
vós traiades
eles/elas traian

PRESENTE DE SUBXUNTIVO DO VERBO GALEGO VIR (venir en castelán)
eu veña (yo venga en castellano)
ti veñas
el/ela veña
nós veñamos (nosotros vengamos)
vós veñades
eles veñan (ellos vengan)
www.obierzoceibe.blogspot.com

TRADUCIÓNS DO GALEGO AO CASTELÁN

TRABALLABA POR UN SOLDO MISERABLE
trabajaba por un sueldo miserable.

COMEDES VÓ-LOS DOUS TANTO COMA ELAS TRES
Coméis vosotros dos tanto como ellas tres.

NA CORESMA A XENTE SAE MENOS QUE NO ENTROIDO.
En la cuaresma la gente sale menos que en carnaval.

VÓ-LOS DOUS SÓDE-LOS CULPABLES
vosotros dos sois los culpables.

DIME DUNHA VEZ QUE FAS COS PANTALÓNS NA CABEZA
dime de una vezque haces con los pantalones en la cabeza.

AO MEU PAI NON LLE GUSTA O TEU COCHE.
A mi padre no le gusta tu coche.

 

http://villafrancadelbierzo.cuadernosciudadanos.net/obierzo/2008/10/16/os-bercianos-galeguizando-o-noso/
0 Comentarios - Enviar comentario
Valid XHTML 1.0
Valid CSS
Algunos derechos reservados
Derechos reservados